Arquipelización

Gústanos usar a noción de arquipelización en referencia ás nosas relacións cos demais. Cadaquén é unha illa con identidade propia e bañase nas mesmas augas que os seus veciños, e iso dinos moito:

«Cadaquén a súa propia identidade, a súa cultura, a súa razón de ser, os seus obxectivos, os seus medios. Mais atopámonos con valores ou estratexias comúns. Escollemos cooperar, aínda que sexa ocasionalmente.»

Implicación en colectivos

Collectif CHATONS

Este colectivo reúne a fornecedores de aloxamentos alternativos que, por toda Francia (e máis aló), ofrecen servizos en liña nos que se pode confiar. Framasoft lidera este colectivo e apoia o seu crecemento co obxectivo de facelo autosuficiente.

L.A. Coalition

L.A. Coalition é un colectivo formado por asociacións activistas polo progreso e a xustiza social. O seu obxectivo é promover e defender as liberdades asociativas. Framasoft axuda e asesora ao colectivo sobre as súas ferramentas e usos dixitais.

Proxectos en común con outras organizacións

Emancip’Asso

Emancip’Asso é un proxecto ambicioso que ten como obxectivo que as asociacións atopen actores capaces de apoialas na súa «desGAFAMización». O proxecto está deseñado en colaboración con Animafac e copilotado por varias organizacións.

Apoio a accións cuxos valores compartimos

Bénévalibre

Para contabilizar as horas de voluntariado nunha asociación consonte a lei de 1901 (e abrir os dereitos de formación, etc.), queda desbotado o uso de software propietario! Framasoft participa no colectivo que desenvolve e mellora o software libre Bénévalibre.

Pytition

Software que permite crear unha plataforma de peticións en liña, Pytition está desenvolvido pola asociación Résistance à l’Agression Publicitaire. Framasoft apoia Pytition de varias maneiras, co obxectivo de ver creada unha versión para o gran público.

Soutiens divers

Framasoft pon regularmente a súa experiencia e recursos a disposición doutras iniciativas e colectivos. Podemos citar, por exemplo, Exodus Privacy, affordance.info, InterHOP, Datagueule, Contribulle, Thunderbird, Entree Libre, la Bataille du Libre, Animafac, CEMÉA, Resnumerica, Designers éthiques, Hubikoop, etc.