Educación popular

Framasoft forma parte do movemento de educación popular: é xuntos que desenvolvemos o noso coñecemento e compartimos os nosos puntos de vista para crear unha sociedade mellor!

Compartir experiencias

Interventions

Os membros de Framasoft participan regularmente en eventos: obradoiros, seminarios web, relatorios, debates sobre cine… Compartimos as nosas observacións, temores e esperanzas sobre a tecnoloxía dixital e o mundo que conforma.

Framablog

É no Framablog onde máis se expresa Framasoft: revista de prensa, anuncios da asociación, entrevistas, folletos, noticias do mundo do Software Libre... Estamos tentando abrir o Framablog a múltiples formas de escritura e a varios convidados.

Médias

Framasoft —case— nunca buscará a atención dos medios, porque casualmente, é traballo! Porén, respondemos regularmente aos convites para compartir os nosos puntos de vista sobre a centralización da web ou sobre as prácticas dixitais emancipadoras.

Compartir coñecemento

UPLOAD

A Université Populaire Libre, Ouverte, Autonome, et Décentralisée pretende axudar (na nosa escala) a facer máis xusta a sociedade e o noso mundo máis habitábel, apostando pola formación dos cidadáns por parte dos cidadáns.

Des Livres en Communs

Des Livres en Communs (Os libros en común) sacude os códigos da edición ofrecendo, tras unha convocatoria de proxectos, unha subvención aos autores antes de escribir, para após publicar a obra baixo unha licenza libre. Actualmente estase a crea a primeira obra.

MOOC CHATONS

Este curso en liña e independente está aberto a calquera persoa que queira avanzar cara á emancipación dixital compartida. O 1º módulo «Internet, por que e como recuperar o control» recompila o noso coñecemento en Internet, a hexemonía tóxica das GAFAM e formas de saír delas.

Facer accesíbel a información

Peer.tube

Ofrecer un escaparate de PeerTube con vídeos interesantes e de calidade é o traballo que comezamos con peer.tube. Vémonos en 2023 para ver o progreso do proxecto!

Documentation

Desde a documentación xeral dos servizos que hospedamos ata a documentación específica do software que desenvolvemos (PeerTube, Mobilizon, Yakforms)… Cada ano, Framasoft escribe, mantén e actualiza numerosas liñas… de texto!

Framalang

O mundo dixital ás veces exclúe aos non falantes de inglés. É por iso que Framalang, un grupo de traballo autoxestionado, traduce artigos, sitios e libros en inglés ao francés. As traducións publícanse após no Framablog.

Outras actuacións puntuais

Annuaire de médiation numérique

En 2020, Framasoft publicou un directorio de apoio dixital libre. Esta «instantánea» enumera numerosos perfís, desde voluntarios de asociacións de integración dixital ata profesionais da formación en software libre.

Mémo pour le télétravail (libre !)

Framasoft practica o teletraballo a diario e emprega moitas ferramentas libres para facelo. O confinamento de 2020 fíxonos querer compartir a nosa experiencia sobre o tema (aínda que iso non signifique que teñamos as respostas para todo!).

[RÉSOLU]

[RESOLVIDO] é unha guía composta por fichas prácticas para axudar ás estruturas da economía social e solidaria a adoptar solucións dixitais libres e éticas. Coconstruída co movemento dos CEMÉA, esta guía pódese modificar, mellorar e distribuír libremente.