Apoderamento dixital

Queremos colaborar na concienciación sobre o impacto da tecnoloxía dixital nas nosas vidas e demostrar que existen alternativas aos xigantes da web. É posíbel ter un uso saudábel e pacífico de Internet, respectando os nosos datos e a nosa vida persoal!

Ferramentas dixitais libres e emancipadoras

Dégooglisons Internet

Servizos en liña que respectan a nosa integridade e privacidade? É posíbel! Dende as videoconferencias até as axendas e listas de correo, Framasoft fai estes servizos (de código aberto) dispoñibeis a máis de dous millóns de usuarios cada mes.

Framaspace

O obxectivo de Framaspace é permitir que as asociacións e colectivos activistas empreguen os espazos dixitais para compartir e traballar consonte cos seus valores. Lanzado en 2022, este ambicioso proxecto serve a milleiros de comunidades cada día.

Desenvolvemento de software libre e descentralizado

PeerTube

PeerTube (alternativa a Youtube) é un software libre e federado qu che permite non só ver, publicar e interactuar con vídeos senón tamén crear a túa propia plataforma de vídeos. As plataformas independentes, libres e federadas son posíbeis!

Mobilizon

Mobilizon (unha alternativa aos eventos e grupos de Facebook) fai doada a organización de eventos e xuntanzas. Framasoft creou o proxecto e liderou o seu desenvolvemento de 2018 a 2024

Yakforms

Yakforms é o software que alimenta o noso servizo de formularios en liña Framaforms. Desenvolvido por Framasoft desde 2016, agora está a piques de chegar ao final da súa vida útil, e planeamos usar o software Liberaforms para substituílo.

Framadate

Framadate tamén era o nome do software (desenvolvido por Framasoft) no que se baseaba o servizo de minienquisas de Framadate. O noso servizo emblemático foi trocado por un novo software chamado Pollaris a finais de 2025, pero o mantivemos ó longo de 15 anos.

Democratización do software libre

Framalibre

Framalibre é un directorio que presenta o software libre e a cultura libre en xeral. A redacción das notas baséase na comunidade (estilo Wikipedia): anímase a todos os usuarios a crear, mellorar e modificar as notas, para enriquecer o directorio!

Contributions

Moitas veces achegamos código ao software que usamos. Entre outras cousas, traballamos en Sympa (Framalists – correos de grupos) e Nextcloud (Framaspace e Framagenda – Almacenamento, sincronización, axenda, caderno de contactos, etc.)