Condicións xerais de uso
Preámbulo
Ao usar este servizo, aceptas estar obrigado polas seguintes condicións.
Framasoft resérvase o dereito de actualizar e modificar estas condicións
candoo considere necesario.
Versión curta
(TL;DR como dicimos aquí 😉)
Para facilitar a lectura, sen o latinorio legal, ofrecémosche a continuación unha
versión comprensíbel por un ser humano normal.
Somos boa xente:
- O teu contido perténceche a ti (mais recomendámosche que o publiques baixo unha licenza libre);
- Framasoft non empregará os teus datos persoais, agás para estatísticas internas (anónimas) ou para notificarche un cambio importante no servizo;
- Framasoft non transmitirá nin revenderá os teus datos persoais (a túa privacidade é realmente importante para nós);
- Os compromisos de Framasoft resultan dun enfoque activista inspirado no movemento de educación popular, podes atopalos na nosa Declaración de servizos libres, éticos, descentralizados e solidarios.
Porén iso non significa que debas pensar que somos uns papáns:
- Cláusula «A lei é a lei, e nós non queremos terminar no cárcere»: debes respectar a lei (ben feita ou estúpida), se non, a túa conta será eliminada;
- Cláusula «Grazas por ser educado e respectuoso cos seus veciños de servizo»: debes respectar aos demais usuarios amosando civismo e educación, se non, o teu contido, ou mesmo a túa conta, pode ser eliminada sen negociación;
- Cláusula «Se creba, non estamos obrigados a reparar»: Framasoft ofrece este servizo de xeito libre e de balde. Se perdes datos, sexa por culpa túa ou nosa, desculpa, mais pasa. Faremos o posíbel para recuperalos, mais non asumimos ningunha obriga de resultados. Evidentemente, evita poñer datos sensíbeis ou importantes nos servizos Framasoft, porque en caso de perda, non garantimos a súa recuperación;
- Cláusula «Se non estás satisfeito, convidámoste a buscar noutro lugar»: se o servizo non che convén, podes buscar un equivalente (ou mellor) noutro lugar, ou montar o teu;
- Cláusula «Calquera abuso será sancionado»: se un usuario abusa do servizo, por exemplo monopolizando recursos de máquinas compartidas, ou publicando contidos considerados irrelevantes, o seu contido ou conta pode ser eliminado sen previo aviso nin negociación. Framasoft segue a ser o único xuíz desta noción de «abuso» para ofrecer o mellor servizo posíbel a todos os seus usuarios. Se isto che parece antidemocrático, antiliberador e antiliberdade de expresión, consulta a cláusula anterior;
- Cláusula «Nada é eterno»: os servizos poden pechar (por falta de fondos para mantelos, por exemplo), poden ser vítimas de intrusión («non existe o 100% seguro»). Polo tanto, recomendámosche que gardes unha copia dos datos que sexan importantes para ti, porque Framasoft non se fai responsable da súa hospedaxe sen límite de tempo.
Versión completa
Condicións do servizo
- O uso do servizo é baixo o seu propio risco. O servizo fornécese tal e como está.
- Non debe modificar outro sitio para indicar falsamente que está asociado con
este servizo Framasoft.
- As contas só poden ser creadas e usadas por humanos. As contas creadas por robots ou outros métodos automatizados pódense eliminar sen previo aviso.
- Vostede é responsábel da seguridade da súa conta e contrasinal. Framasoft non pode nin será responsábel de ningunha perda ou dano derivado do incumprimento desta obriga de seguridade.
- Vostede é o responsábel de todo o contido publicado e da actividade que se produza na súa conta.
- Non pode usar o Servizo con fins ilegais ou non autorizados.
Non debes transgredir as leis do seu país.
- Non pode vender, comerciar, revender ou explotar con fins comerciais non autorizados ningunha conta do servizo utilizada.
A violación de calquera destes acordos dará lugar á cancelación da súa conta. Vostede entende e acepta que a asociación Framasoft non se fai responsábel do contido publicado neste servizo.
- Vostede entendes que poñer o servizo e o seu contido en liña implica a transmisión (en claro ou cifrada, dependendo do servizo) a través de varias redes.
- Non debe transmitir vermes, virus ou calquera outro código de natureza maliciosa.
- Framasoft non garante que
- o servizo responderá ás súas necesidades específicas,
- o servizo será ininterrompido ou libre de erros,
- se corrixirán os erros no servizo.
- Vostede entende e acepta que Framasoft non se fai responsábel de ningún dano directo, indirecto ou incidental, incluídos os danos por lucro cesante, clientes, acceso, datos ou outras perdas intanxibeis (aínda que Framasoft fose informado da posibilidade de tales danos) e que resultarían de:
- o uso ou a imposibilidade de utilizar o servizo;
- acceso non autorizado ou alteración da transmisión de datos;
- declaracións ou accións dun terceiro sobre o servizo;
- rescisión da súa conta;
- calquera outra cuestión relativa ao servizo.
- O fracaso de Framasoft para exercer ou facer valer calquera dereito ou
disposición das Condicións xerais de uso non constituirá unha renuncia a
ese dereito ou disposición. As Condicións xerais de uso constitúen o acordo
completo entre vostede e Framasoft e rexen o seu uso do servizo,
substituíndo calquera acordo anterior entre vostede e Framasoft
(incluídas as versións anteriores das Condicións xerais de uso).
- As preguntas sobre as condicións do servizo deben enviarse a través deste formulario de contacto.
Modificacións no servizo
- Framasoft resérvase o dereito, en calquera momento, de modificar ou interromper, temporal ou permanentemente, o servizo con ou sen previo aviso.
- Framasoft non será responsábel ante vostede nin ningún terceiro por calquera modificación, suspensión ou interrupción do Servizo.
Dereitos de autoría do contido
- Non pode enviar, cargar, bloguear, distribuír, difundir ningún contido que sexa ilícito,
difamatorio, acosador, abusivo, fraudulento, infractor, obsceno ou censurábel.
- Non reclamamos ningún dereito sobre os seus datos: textos, imaxes, son, vídeo ou calquera outro elemento, que descargue ou transmita desde a súa conta.
- Non usaremos o seu contido para outro propósito que non sexa fornecerlle
o servizo.
- Non debe cargar nin poñer a disposición ningún contido que infrinxa os dereitos de ninguén.
- Reservámonos o dereito de eliminar calquera contido que consideremos irrelevante para o uso do servizo, segundo o noso criterio exclusivo.
- Podemos, se é necesario, eliminar ou impedir a distribución de calquera contido do servizo que non cumpra estas condicións.
Edición e intercambio de datos
- Os ficheiros que cree co servizo poderán ser -se así o quere- lidos, copiados, empregados e redistribuídos por persoas que vostede coñeza ou non.
- Ao facer públicos os seus, recoñece e acepte que calquera persoa que empregue este sitio web pode consultalos sen restricións.
- Mais o servizo pode tamén ofrecerlle a posibilidade de autorizar o acceso e o traballo colaborativo nos seus documentos de xeito restrinxido a un ou máis usuarios.
- Framasoft non se fai responsábel de ningún problema resultante do intercambio ou da publicación de datos entre os usuarios.
Peche
Framasoft, ao seu exclusivo criterio, ten dereito a suspender ou cancelar a súa
conta e rexeitar calquera uso actual ou futuro do servizo. A terminación do
servizo dará lugar á desactivación do acceso á súa conta e á restitución de
todos os contidos.
Framasoft resérvase o dereito de rexeitar o servizo
a calquera persoa por calquera motivo en calquera momento.
Framasoft tamén se reserva o dereito de cancelar a súa conta se non inicia sesión na súa conta durante un período superior a 6 meses.
Información persoal
De conformidade co artigo 34 da lei «Informatique et Libertés», Framasoft garante ao usuario o dereito de oposición, acceso e rectificación sobre os datos persoais que o conciernen. O usuario ten a posibilidade de exercer este dereito mediante o formulario de contacto dispoñíbel.
- Para usar certos servizos Framasoft, debe crear unha conta. Framasoft solicita información persoal: un enderezo de correo-e válido e un contrasinal que se emprega para protexer a súa conta contra o acceso non autorizado. Os campos «Apelidos» e «Nome» poden ser necesarios para o correcto funcionamento do software, mais non é necesario que revelen a súa verdadeira identidade.
- Do mesmo xeito que outros servizos en liña, Framasoft garda automaticamente
certa información sobre o seu uso do servizo, como a actividade da conta
(p. ex.: espazo de almacenamento ocupado, número de entradas, medidas tomadas),
os datos amosados ou nos que se preme (p. ex.emplo: ligazóns, elementos da interface
de usuario) e outra información para identificalo a Vde. (p. ex.: tipo de navegador,
enderezo IP, data e hora de acceso, URL de referencia).
- Usamos esta información internamente para mellorar para Vde. a interfacede usuario dos servizos Framasoft e manter unha experiencia de usuario consistente e fiábel.
- Estes datos non se venden nin se ceden a terceiros.
Condicións xerais de uso dos servizos en liña da asociación Framasoft,
versión
1.0.3 do 11 de abril de 2016.