Notas legais
Editor
Framasoft
Consonte coa Lei de Asociacións de 1901, declarada na subprefectura de Arles o 2 de decembro de 2003 co número 0132007842
N° Siret: 500 715 776 00026
Sede social: Association Framasoft
c/o Locaux Motiv
10 bis, rue Jangot
69007 LYON
FRANCE
Para contactar connosco: https://contact.framasoft.org
Copresidencia, dirección da publicación
Cyrille Largillier, Gaëtan Chabert
Empresa de hospedaxe
Hetzner Online GmbH
Industriestr. 25
91710 Gunzenhausen
Germany
Tél.: +49 (0)9831 505-0
Informática e liberdades
Información persoal recollida
En Francia, os datos persoais están especialmente protexidos pola lei n° 78-17 do 6 de xaneiro de 1978, a lei n° 2004-801 do 6 de agosto de 2004, artigo L.226-13 do Código Penal e a Directiva Europea de 24 de outubro de 1995.
En calquera caso Framasoft só recolle información persoal relativa ao usuario (nome, enderezo de correo-e, datos de contacto telefónico) para os fins dos servizos que ofrecen os sitios da rede Framasoft, en particular para o rexistro en áreas de debate a través de formularios en liña ou para o tratamento estatístico. O usuario fornece esta información con pleno coñecemento dos feitos, especialmente cando a introduce el mesmo. Infórmase entón ao usuario dos sitios da rede Framasoft sobre a obrigatoriedade ou non da información que estarían obrigados a fornecer.
Análise estatística e confidencialidade
Para adaptar o sitio ás solicitudes dos nosos visitantes, analizamos o tráfico dos nosos sitios con Matomo. Matomo xera unha cookie cun identificador único, cuxo período de conservación está limitado a 13 meses. Os datos recollidos (enderezo IP, axente de usuario…) son anónimos e consérvanse durante 6 meses. Non se ceden a terceiros nin se utilizan para ningún outro fin.
Rectificación da información persoal recompilada
De conformidade co disposto no artigo 34 da Lei n°48-87 do 6 de xaneiro de 1978, o usuario ten dereito a modificar os datos persoais recompilados sobre el. Para iso, o usuario enviará a Framasoft:
- un correo-e mediante o formulario de contacto
- unha carta dirixida ao enderezo da sede da asociación (indicada enriba) na que indicará o seu nome ou razón social, os seu enderezo físico e/ou electrónico de contacto, así como, se é o caso, a referencia que ten como usuario no sitio Framasoft.
A modificación realizarase nun prazo razoable desde a data de recepción da solicitude do usuario.
Regulamento Xeral de Protección de Datos
Atoparás toda a información sobre o cumprimento pola nosa parte do RXPD no sitio rgpd.framasoft.org. Isto segue a ser imperfecto, mais como a nosa asociación promove o respecto á privacidade, comprometémonos a respectala.
Limitación de responsabilidade
Este sitio contén información facilitada por comunidades ou empresas externas ou ligazóns de hipertexto a outros sitios que non foron desenvolvidos por Framasoft. O contido dispoñíbel no sitio fornecese só con fins informativos. A existencia dunha ligazón deste sitio a outro sitio non constitúe a validación deste sitio nin do seu contido. Corresponde ao internauta utilizar esta información con discernimento e pensamento crítico. Framasoft non se fai responsábel da información, opinións e recomendacións formuladas por terceiros.
Framasoft non se fai responsábel dos danos directos ou indirectos causados ao equipo do usuario ao acceder ao sitio, e derivados ben do uso de equipos que non cumpran as especificacións técnicas requiridas, ben da aparición dun erro ou incompatibilidade.
Framasoft tampouco se fai responsábel dos danos indirectos (como a perda de mercado ou a perda de oportunidades) derivados do uso do sitio.
Os espazos interactivos (posibilidade de facer preguntas na zona de contacto) están dispoñíbeis para os usuarios no sitio Framasoft. Framasoft resérvase o dereito de eliminar, sen previo aviso, calquera contido publicado neste espazo que infrinxa a lexislación aplicábel en Francia, en particular as disposicións relativas á protección de datos. Así mesmo, Framasoft resérvase, no seu caso, a posibilidade de pór en dúbida a responsabilidade civil e/ou penal do usuario, especialmente no caso de que se trate dunha mensaxe de carácter racista, ofensivo, difamatorio ou pornográfico, calquera que sexa o medio empregado (texto, fotografía…).
Limitacións contractuais dos datos técnicos
Framasoft non se fai responsábel dos danos materiais relacionados co uso do sitio. Ademais, o usuario do sitio comprométese a acceder ao sitio utilizando equipos recentes, que non conteñan virus e cun navegador de última xeración actualizado.
Propiedade intelectual
Os contidos son publicados baixo a responsabilidade dos usuarios.
Notas legais da asociación Framasoft,
o 6 de outubro de 2014.